Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Decembro 2024.

Denuncian que milleiros de notificacións están paralizadas nas carterías de Correos por falta de persoal

    CCOO, UGT e CSIF denuncian que a falta de personal na quenda de tarde dos centros de Correos de Vigo provocou que milleiros de notificacións se acumulen. Ante esta situación, a empresa pública deu instrucións ao persoal da quenda de mañá para non dar saída ás máis de 8000 notificacións que están pendentes.

    24/05/2024.
    Carteiro de Correos | Foto: Correos.es

    Carteiro de Correos | Foto: Correos.es

    Segundo os sindicatos, esta paralización supón un prexuízo para as persoas destinatarias, pois proceden de entidades como a Axencia Tributaria, o INSS, o SEPE, os Xulgados ou a Xunta de Galicia.

    Lembran, asemade, que o artigo 42.2 da Lei de procedemento administrativo común (LPACAP), as notificación hanse repartir «con dous intentos de entrega en dúas franxas horarias diferentes». Actualmente Correos conta cuns 120 efectivos na quenda de mañá para repartir estas comunicación e otros productos postais, pero só uns vinte en horario de tarde, cifra «claramente insuficiente».

    As notificacións paralizadas nas unidades de repartición «dan lugar a sancións económicas por retrasos que Correos prefire asumir antes que contratar persoal eventual», lamentan os sindicatos. Isto, malia que nas actuáis bolsas de emprego hai centos de traballadores e traballadoras «con sobrada experiencia» que podrían asumir a carga de traballo e evitar o prexuízo á poboación.