Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Xullo 2024.

CCOO gaña toda a representación na empresa de limpeza do campus de Lugo

    O día 23 de maio tiveron lugar as eleccións sindicais na empresa Fundación USC, que se encarga da limpeza no campus universitario de Lugo. A candidatura de CCOO logrou os tres representantes que se elixían, nun proceso ao que estaban chamadas a participar corenta persoas traballadoras.

    29/05/2024.
    Reforzar a posición de CCOO nas eleccións sindicais é o máis axeitado para conseguir melloras laborais

    Reforzar a posición de CCOO nas eleccións sindicais é o máis axeitado para conseguir melloras laborais

    Segundo explica CCOO, este persoal réxese por un acordo que «mellora substancialmente» o convenio provincial de edificios e locais da provincia de Lugo, de xeito que as equipara salarialmente ao grupo IV do persoal laboral da USC. Tamén contan con melloras en materia de xornada e permisos.

    Co aval deste apoio, CCOO seguirá a traballar na mellora das condicións laborais do persoal da Fundación USC, pois unha representación forte de Comisións Obreiras é a mellor garantía para a defensa dos dereitos do persoal.