Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 30 Abril 2025.

28 de abril - Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo

Asemblea de delegadas e delegados en Vigo o 28 de abril

    A Unión Comarcal de CCOO de Vigo convoca unha asemblea de delegados e delegadas para o vindeiro luns, 28 de abril, na parroquia do Cristo da Victoria. Será ás 10:00 horas.

    22/04/2025.
    Cartel da asemblea de CCOO en Vigo

    Cartel da asemblea de CCOO en Vigo

    A asemblea será presentada por Daniel Ricart, responsable de Acción Sindical da Unión Comarcal de CCOO. Intervirán Montserrat Carrera, secretaria xeral da Unón Comarcal de CCOO de Vigo e Armando Iglesias, secretario de Acción Sindical e Saúde Laboral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

    Este acto ten lugar cadrando co Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. Para esta data, CCOO pon o foco na prevención dos riscos psicosociais derivados da carga mental, a presión dos ritmos de traballo e a falta de medidas de prevención eficaces.