Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Maio 2025.

CCOO de Vigo, premia o compromiso social e á solidariedade de María Del Mar Costas Otero e a Plataforma Cívica Vigo Pro Palestina.

    O acto terá lugar o próximo día 25 de abril, ás 19.30 h, no MARCO, rúa do Príncipe núm. 54. 

    23/04/2025.
    CCOO de Vigo, entregara os Galardóns Primeiro de Maio

    CCOO de Vigo, entregara os Galardóns Primeiro de Maio

    A Unión Comarcal de CCOO de Vigo, entregara os Galardóns Primeiro de Maio: ao compromiso social e á solidariedade o próximo día 25 de abril, ás 19.30 h, no MARCO, rúa do Príncipe núm. 54. 

    Este ano recoñécese a traxectoria de María Del Mar Costas Otero e a Plataforma Cívica Vigo Pro Palestina.

    MARÍA DEL MAR COSTAS OTERO

    Vinculada ás CCOO dende antes da súa legalización, deu os seus primeiros pasos na vida laboral sendo case unha nena, na antigüa Metalúrgica –finais dos anos 70- Participa nas folgas e mobilizacións laborais derivadas do peche da Empresa e intégrase como afiliada de base nas primeiras CCOO da cidade de Vigo, hai mais de cincuenta anos,.

    Desenvolveu múltiples tarefas e responsabilidades, tanto a nivel local, como autonómico e estatal en distintas estructuras e niveis dentro do Sindicato: federación do Metal, Textil, Administracións Públicas, FSC e Pensionistas, onde segue colaborando de maneira activa.

    Foi unha das organizadoras da primiera Federación das Administracións Públicas

    PLATAFORMA CÍVICA VIGO PRO PALESTINA

    Nesta plataforma están representadas máis de vinte organización sociais, políticas e sindicais da nosa cidade.

    Convocan todo tipo de accións para denunciar a terrible situación que está a vivir o pobo palestino e a barbarie que se está a perpretar, reivindicando unha pronta solución ao conflicto e que cesen a violencia e a ocupación israelí nos territorios palestinos.