Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Desde o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, co financiamento da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais (FEPRL), co código da acción AT2017-0075, denominada «Gabinete de asistencia e asesoramento técnico, difusión e información en prevención de riscos laborais para traballadores/as e delegados/as de pemes», desenvolvemos os seguintes proxectos:

Proxecto: asistencia técnica
Proxecto: enquisa de satisfacción
Proxecto: díptico «O risco que axexa: cancro ocupacional e postocupacional»

Cos seguintes obxectivos xerais:

Fomento e desenvolvemento dunha cultura preventiva que permita a implantación da prevención de riscos laborais dunha forma eficaz e eficiente.
Xeración e desenvolvemento de ferramentas, referencias e recursos intersectoriais como apoio da actividade preventiva.
Deseño, desenvolvemento ou implantación de modelos de xestión preventiva intersectoriais.
Mellora estrutural e desenvolvemento tecnolóxico con integración da seguridade e saúde, achegando beneficios e melloras nas condicións de traballo.
Mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, fomentando a aplicación de criterios de xestión responsable e saudable.
Accións encamiñadas á redución da sinistralidade.Impulso da regulación en materia de prevención de riscos laborais no marco da negociación colectiva de ámbito estatal ou supra-autonómico, conforme ao disposto no título III do RDL 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

ATENDÉMOSTE EN

FERROL

Enderezo: Rúa María, n.º 42-44Persoa de contacto: Susana Martínez SandeHorario de inverno: luns a xoves, de 9:30 a 14 e de 16:30 a 20 horas; venres, de 9:00 a 14:30 horasHorario de verán (15 de xuño-15 de setembro): luns a venres, de 9 a 14:30 horasTeléfono: 981 369 300Fax: 981 350 353Correo electrónico: gsl-ferrol@galicia.ccoo.es

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Enderezo: Rúa Miguel Ferro Caaveiro, n.º 8Persoa de contacto: Manuela Caneda CabreraHorario de inverno: luns a xoves, de 9 a 14:30 e de 16 a 19 horas; venres, de 9 a 14:30 horasHorario de verán (15 de xuño-15 de setembro): luns a venres, de 8 a 15 horasTeléfono: 981 551 800Fax: 981 551 801Correo electrónico: gsl-stgo@galicia.ccoo.es

VIGO

Enderezo: As Teixugueiras, 11 entreplanta (Navia)Persoa de contacto: Arsenio Rodríguez AlonsoHorario de inverno: luns a xoves, de 9 a 14 e de 16:30 a 19:30 horas; venres, de 9 a 14 horasHorario de verán (15 de xuño a 15 de setembro): luns a venres, de 9 a 14 horasTeléfono: 986 246 800Fax: 986 246 587Correo electrónico: gsl-vigo@galicia.ccoo.es

EN QUE PODEMOS AXUDARTE?

Revisamos a avaliación de riscos laborais e a planificación da prevención.Asesorámoste en problemas coa túa mutua.Analizamos os datos da vixilancia da saúde.Revisamos os plans de emerxencia.Asesorámoste en asuntos concretos como residuos, ruído, produtos químicos e outros.Orientámoste no deseño dos postos de traballo.Asesorámoste en caso de accidentes de traballo, enfermidades profesionais e outros danos derivados do traballo.Vixiamos o cumprimento da Lei.Atendemos colectivos especialmente sensibles.Como podemos axudarte?

VISITANDO A TÚA EMPRESA

Dándoche apoio técnico nas reunións coa empresa, co Servizo de Prevención ou co Comité de Seguridade e Saúde.Redactando informes.Facilitándoche documentación.Elaborando o material que precises.Elaborando estudos específicos.Facilitándoche a información.Acompañándote á Inspección.Remitindo os casos aos organismos que corresponda.