Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

Portal de Transparencia

A transparencia, un valor de CCOO

A transparencia na xestión dos nosos recursos non pode ser unha simple declaración de intencións. Ha de marcar a conduta de CCOO, que é o primeiro sindicato do Estado e sempre foi pioneiro nas políticas de transparencia. Sómolo na nosa relación cos medios de comunicación e coa sociedade. Demostrámolo cando, antes ca ningunha outra organización social ou política, fixemos públicas nosas contas, auditadas dentro e fóra do sindicato, e tamén co Portal de Transparencia que estás a consultar.

Aquí poderás consultar, ao detalle, as contas auditadas do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia e outras informacións.

Podes consultar máis información no Portal de transparencia da Confederación Sindical de CCOO.

Filete

Canle ética

Ademais de toda a información que podes atopar no Portal de Transparencia, CCOO habilitou unha canle ética consonte o establecido na Lei 2/2023, do 20 de febreiro.