Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Abril 2026.

XXVII Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade

    Na súa vixésimo sétima edición, e a proposta da Comisión Executiva de Vigo de CCOO, os Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade recaeron en Pilar Martínez González, Xesús Alonso Montero e na Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo.

    17/04/2012.
    Escultura en bronce

    Escultura en bronce

    Os Premios serán entregados o próximo día 27 de abril, no salón Botón do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) ás 20.00 horas, posteriormente servirase un cóctel. As circunstancias tan duras, en moitos casos dramáticas, que se están a vivir por culpa da crise fan especialmente relevante a elección dos premiados deste edición. Ao tempo, poñen de manifesto as enormes desigualdades desta sociedade onde a opulencia e a necesidade percorren camiños paralelos.

    Compromiso social e solidariedade son valores que atesouran sobradamente os agasallados, exemplos a imitar na procura dun mundo máis xusto e democrático.

    Para participar no evento é necesario presentar a invitación correspondente, que pode retirarse, antes do día 25 de abril, na área de Dirección da  Unión Comarcal de CCOO de Vigo (986246813), onde vos atenderá Gloria