Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Maio 2025.

Armando Iglesias Rodríguez foi elixido novo secretario xeral de FITEQA-CCOO

    Onte tivo lugar en Santiago de Compostela o 5.º Congreso da Federación de Industrias Téxtil-Pel, Químicas e Afíns de Comisións Obreiras (FITEQA-CCOO). Co 93% dos votos foi elixido como novo secretario xeral Armando Iglesias Rodríguez.

    23/11/2012.
    A nova Executiva de FITEQA-CCOO. Á dereita, o secretario xeral

    A nova Executiva de FITEQA-CCOO. Á dereita, o secretario xeral

    Na nova Comisión Executiva da Federación estarán tamén Manuel Lores, Javier Puga, Mónica Iglesias, Carlos Pérez, Arturo Julián, Dolores López, M.ª Jesús Paredes. Ángel González, Yolanda Vázquez, Francisco Ouro e Leila Piñeiro.

    Participaron como convidados neste congreso o secretario xeral de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, o responsable de Recursos de FITEQA estatal, José Luis Montesinos Romero, o reponsable de FITEQA-Madrid, Daniel Martínez, o de FTEQA de Castela e León, Bernabé Haro, e Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO de Vigo.