Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Maio 2025.

Xa está á túa disposición o Galicia Sindical n.º 33

    Neste número dedicamos a portada ao 10.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 deste mes baixo o lema «Respostas fronte á crise», ao tempo que lembramos que dentro dun mes terá lugar o Congreso Confederal.

    22/01/2013.
    Portada do Galicia Sindical n.º 33

    Portada do Galicia Sindical n.º 33

    Trátase do colofón a un longo proceso iniciado xa oito meses. Tanto nun caso coma no outro, debateremos a xestión das respectivas direccións sindicais, ademais de acordar os obxectivos e as principais liñas de traballo para o próximo mandato. E con todo iso feito, elixiremos as persoas que queremos que dirixan a nosa organización nos próximos catro anos en Galicia e no Estado.

    No resto de páxinas da publicación damos conta tamén de numerosas cuestións que centraron a actualidade sindical no último mes, como o acordo no ERE de Paradores, as mobilizacións de Novagalicia Banco, a reacción contra os recortes salariais e sociais que pretende a patronal dos grandes almacéns, a ameaza de pechar servizos de urxencias ou a supresión de trens de media distancia, entre outras cuestións.

    Por último, no que é o primeiro número de 2013, incluímos tamén unha referencia ao balance do ano 2012 que presentou hai poucas semanas o Sindicato Nacional de CCOO, así como unha primeira análise sobre os orzamentos autonómicos para este ano.



    Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2013

    Gabinete de Comunicación
    Horario: luns a venres, 9-14 e 17-20h
    686 469 993 / 981 551 867 | xuz[arroba]galicia.ccoo.es
    + Máis información en: http://www.galicia.ccoo.es