Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

A Xunta de Galicia incorpora as propostas de CCOO ás medidas de conciliación

    O Goberno galego recolle a proposta de CCOO de compensar con 500 euros mensuais a perda de salario das traballadoras e traballadores que se acolleron a reducións de xornada ou excedencias pola crise sanitaria

    12/06/2020.
    A Xunta de Galicia incorpora as propostas de CCOO ás medidas de conciliación

    A Xunta de Galicia incorpora as propostas de CCOO ás medidas de conciliación

    12-6-2020.- CCOO presentou achegas ao paquete de medidas extraordinarias de conciliación presentado pola Xunta de Galicia, no que só se prevía unha axuda de 500 euros mensuais para financiar a contratación laboral ou de servizos para atender a infancia e as persoas dependentes a domicilio.

    O Sindicato propuxo que se ampliasen as liñas de axuda cunha nova que servise para compensar a perda de ingresos salariais por reducións de xornada ou excedencias para atender estas situacións de coidados no fogar. CCOO tamén propuxo, e foi aceptado, que as axudas cubrisen todo o período de suspensión da actividade.

    CCOO lamenta que non se ampliase a franxa de idade ata os 14 anos, tal como solicitara, pois entende que son nenos e nenas menores que precisan de coidados cando os seus proxenitores ou titores legais están fóra toda unha xornada de traballo.

    Documentación asociada
    Documentación asociada