Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

O persoal de Política Social entrega sinaturas na Xunta

    O persoal dos centros residenciais que dependen da Consellaría de Política Social protagoniza o xoves, día 9, a súa sétima semana de mobilizacións. Cadrando coa xornada reivindicativa polos seus dereitos laborais, entregarán no Rexistro xeral da Xunta de Galicia as sinaturas de apoio que recolleron.

    08/07/2020.
    Concentración diante dunha residencia de maiores de Ferrol, o pasado xoves

    Concentración diante dunha residencia de maiores de Ferrol, o pasado xoves

    Como cada semana, mantéñense as concentracións previstas ás portas dos centros de traballo, que terán lugar en horario de 11 a 11:30 horas.

    As organizacións sindicais CCOO, CIG, CSIF e UGT reivindican uns servizos sociais públicos e de xestión directa, incrementando as prazas e os cadros de persoal; a recuperación dos dereitos recortados no ano 2012, recoñecendo e compensando o traballo en domingos e festivos; e a eliminación da taxa de reposición, para eliminar a elevada temporalidade.