Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

A Federación de Construción e Servizos de CCOO denuncia «mínimas» condicións de seguridade na canteira coruñesa de Baños de Arteixo

  • O sindicato manifesta a súa preocupación ante a sucesión de accidentes sen que a empresa, Arias Hermanos, adopte medidas

A Federación de Construción e Servizos de CCOO denuncia as «mínimas» condicións de seguridade na canteira coruñesa de Baños de Arteixo, propiedade de Arias Hermanos. O sindicato manifesta a súa preocupación ante a sucesión de accidentes sen que a empresa adopte medidas. O último sinistro ocorreu o pasado martes, cando se precipitou no interior da canteira parte da maquinaria destinada ao tratamento de materiais.

24/09/2020.

CCOO denuncia o mal estado das instalacións, onde nos últimos anos houbo accidentes graves que requiriron ingresos hospitalarios. Segundo o sindicato, algunhas dependencias «teñen aspecto de semiabandono». De feito, recentemente caeu a liña de media tensión que pasa por riba e a Inspecicón de Traballo acudiu de oficio pola electrocución dun traballador.

A Federación de Construción e Servizos entende que a canteira garante postos de traballo e salienta a importancia de contar cunha empresa extractiva en momentos de crise. Porén, rexeita as condicións de mantemento e esixe medidas de seguridade.