Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Axudas para o emprego autónomo, pemes, micropemes e hostalaría

    Recollemos nesta nota informativa tanto as axudas do plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas, como as recentemente publicadas axudas para as persoas autónomas con persoal a cargo, para as pemes e micropemes, así como para a hostalaría. Para facilitar a comprensión, xúntase tamén un cadro resumo das axudas, todas elas compatibles entre si.

    27/11/2020.
    Hai axudas específicas para sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada

    Hai axudas específicas para sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada

    Rescate persoas autónomas

    As axudas publicadas ao abeiro do plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas consisten en dúas liñas diferentes, unha para persoas autónomas dadas de alta no RETA ou réxime especial do mar e outras para persoas autónomas encadradas nun sector cunha actividade que estivera especial­mente paralizada.

    Plan hostalaría

    Estas axudas diríxense a persoas autónomas con ou sen persoal contratado, as microempresas e as pemes que pertenzan ao sector da hostalería (incluíndo hoteis, hostais, casas rurais e outros aloxamentos).

    Plan de mantemento do emprego para persoas traballadoras autónomas con persoal, microempresas e pemes

    Estas axudas destínanse a persoas autónomas con persoal contratado e as microempresas de calquera sector. Tamén hai unha axuda específica para as pemes encadradas nun sector cuxa actividade estivera especialmente paralizada.

    Prazo de presentación
    O prazo de presentación de solicitudes para todas as axudas é dun mes desde o día seguinte ao da publi­cación da respectiva orde no Diario Oficial de Galicia.

    Presentación de solicitudes
    Obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal.

    + Máis información nos documentos anexos a esta folla informativa.