Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Cobrar por baixo do SMI é ilegal

    Milleiros de traballadores e traballadoras en Galicia padecen os efectos dun convenio desactualizado. Cando isto acontece, débese adoito a un bloqueo promovido pola empresa ou á inexistencia dunha patronal que sente a negocialo. Estas situacións non xustifican que ningún traballador ou traballadora perciba unha remuneración inferior ao salario mínimo interprofesional (SMI) coa escusa de que se cumpre o recollido no convenio. «É unha práctica ilegal», advirte Roi Fernández, secretario de Acción Sindical de CCOO.

    29/01/2021.
    As táboas salariais do convenio galego de perruquerías están por baixo do SMI

    As táboas salariais do convenio galego de perruquerías están por baixo do SMI

    O SMI de 2020 está fixado en 950 euros mensuais en catorce pagas, isto é, 13.300 euros anuais. Calquera retribución inferior é unha irregularidade que deberá ser corrixida «si ou si», sentencia Fernández, ao tempo que defende a revalorización do salario mínimo ata chegar, polo menos, ao 60 % do salario medio.

    Para evitar que a caducidade represente un prexuízo para as persoas traballadoras, CCOO aposta pola unificación dos convenios sectoriais onde as tarefas sexan similares. Isto tamén evitaría a atomización da negociación colectiva.

    «Convenios máis amplos, que dean abeiro a máis traballadores e traballadoras, significa tamén máis estabilidade e unha garantía para que se actualicen en tempo», apunta o secretario de Acción Sindical de CCOO.

    Asesoramento sindical

    Roi Fernández recoméndalles a todas as persoas que estean a cobrar por baixo do salario mínimo que se poñan en contacto con Comisións Obreiras: «darémoslles o asesoramento axeitado para que a súa nómina se actualice ao que lles corresponde por lei».