Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

O persoal de Siemens Gamesa ratifica por unanimidade o ERE

    Os traballadores e traballadoras de Siemens Gamesa nas Somozas ratificaron por unanimidade as condicións do expediente de regulación de emprego (ERE) negociadas polos sindicatos. Pola súa parte, a dirección da empresa xa tomou a decisión de rematar a actividade industrial o vindeiro 31 de marzo.

    20/02/2021.
    Na fotografía, unha das moitas mobilizacións do persoal de Siemens Gamesa contra o peche da planta das Somozas

    Na fotografía, unha das moitas mobilizacións do persoal de Siemens Gamesa contra o peche da planta das Somozas

    Co peche das plantas das Somozas e de Cuenca, que se unen aos de Aoiz e Miranda, a multinacional executa o seu plan para deslocalizar a produción a Portugal.

    CCOO-Industria continúa a subliñar que a factoría era rendible e defendeu desde o primeiro momento a viabilidade, tanto das Somozas como de Cuenca.

    Porén, o peche «era inevitable», lamenta o sindicato, xa que a reforma laboral do PP de 2012 quita competencias á autoridade laboral para poder frear «peches totalmente inxustos e insolidarios» co contexto do país.

    O plan económico inclúe unha compensación media de 64 días por ano traballado —cun mínimo de 30.000 euros—, a xubilación anticipada para as persoas que fagan 55 anos en 2021 e un pgamento lineal adicional de 1000 euros por cada ano de antigüidade. Tamén se aboarán as dúas pagas extraordinarias e as vacións deste ano. Por último, inclúese un plan de recolocación interno e externo con axuda financeira.