Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Unanimidade sindical para rexeitar o peche do centro de operacións de Naturgy

    Traballadoras e traballadores de Naturgy na Coruña concentráronse hoxe diante da empresa para esixir que o centro de control e avarías fique en Galicia. A enerxética informou a comezos de mes o comité da súa intención de pechar as instalacións e centralizar a prestación do servizo en Madrid.

    23/02/2021.
    Unanimidade sindical para rexeitar o peche do centro de operacións de Naturgy na Coruña

    Unanimidade sindical para rexeitar o peche do centro de operacións de Naturgy na Coruña

    CCOO-Industria denuncia que Naturgy pretenda «disfrazar» o traslado forzoso das traballadoras e traballadores afectados de «simple reorganización empresarial», xa que implica o peche dun centro «neurálxico» para o correcto funcionamento do sistema eléctrico en Galicia.

    Naturgy ofreceulles ás 27 persoas prexudicadas polo peche que continúen coas mesmas funcións en Madrid. CCOO rexeita que o despedimento ou o traslado forzoso sexan as únicas alternativas.

    Segundo a Federación de Industria de CCOO, a propia garantía da subministración está en risco, pois Naturgy ten unha «posición prioritaria» no mercado eléctrico galego.