Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Avaliación de competencias clave en lingua galega, castelá, inglesa e matemática

    A Consellaría de Economía, Emprego e Industria convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

    08/03/2021.
    Pódese consultar máis información sobre a convocatoria no Diario Oficial de Galicia

    Pódese consultar máis información sobre a convocatoria no Diario Oficial de Galicia

    A Consellaría de Economía, Emprego e Industria convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 

    Competencias clave que se convocan:

    1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

    — Comunicación en lingua galega

    — Comunicación en lingua castelá

    — Comunicación en lingua estranxeira (inglés)

    — Competencia matemática

    2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3, son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.

    A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo da convocatoria.

    Prazo

    O prazo para a presentación de solicitudes é a partir do 6 de marzo e ata o 7 de abril de 2021, ambos os dous incluídos.

    Máis información

    Máis información no DOG ou na sede electrónica da Xunta (código de procedemento TR306A).