Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

O metal de Pontevedra irá á folga o 22 de abril

    Na asemblea que tivo lugar hoxe en Vigo, os sindicatos CCOO, UGT e CIG anunciaron a convocatoria de folga no sector do metal da provincia de Pontevedra para o vindeiro 22 de abril. A decisión adoptouse ante o bloqueo da negociación do convenio e a actitude da parte empresarial. «A patronal estanos retando e pelexarémolo na rúa», afirmou o secretario comarcal de CCOO-Industria en Vigo, Celso Carnero.

    24/03/2021.
    Temas

      URL | Código para insertar

      Asemblea do sector do metal da provincia de Pontevedra (24-3-2021)

      Asemblea do sector do metal da provincia de Pontevedra (24-3-2021)

      Segundo Carnero, o convenio do metal «debe volver ser un referente, non só para este sector, senón tamén para outros», e acusou as organizacións empresariais de pretenderen «precarizar» as condicións de traballo e dar «vía libre» ás empresas de traballo temporal.

      Arroupados por máis dun cento de traballadoras e traballadores, os voceiros de CCOO, UGT e CIG lamentaron que o metal da provincia leve desde finais do 2019 coas condicións laborais «conxeladas» e que a patronal pretenda «aproveitar a crise» da covid-19 para empeorar a situación.

      O secretario comarcal de CCOO-Industria de Vigo lembrou que a patronal se levantou da mesa de negociación, polo que fica claro que «non quere que haxa convenio». Tras as mobilizacións das últimas semanas, a convocatoria de folga significa «dar un paso máis» nas reivindicacións.

      Un dos principais convenios de Galicia

      O convenio do metal da provincia de Pontevedra é un dos principais de Galicia, xa que regula as condicións de traballo de máis de vinte mil persoas. Ante as profundas discrepancias que xurdiron nas negociacións, os sindicatos fixeron un esforzo para unificaren as súas propostas e tentar pactar un convenio de transición para os anos 2020 e 2021, centrándose na suba salarial e nos aspectos xa acordados.

      Malia iso, a parte empresarial mantivo a súa teima en ligar as subas salariais a que non se restrinxa a entrada das ETT no sector, entre outras cuestións.