Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Renda 2020: A cota de afiliación a CCOO é deducible na declaración da renda

  • Os afiliados e afiliadas a CCOO poden deducir o importe da cota de afiliación na declaración da renda, segundo recolle a lei do IRPF. Esta dedución pode supoñer un aforro na cota de entre o 20 e o 35 %, dependendo dos casos.

A cota de afiliación a CCOO é un gasto que podes deducir cando realices a túa declaración anual da renda. Este importe non aparece no borrador de Facenda en cumprimento da Lei de protección de datos, polo que deberás poñer a cantidade que pagaches pola cota sindical no espazo reservado a «cotas satisfeitas a sindicatos».

15/04/2021.
Tíralle proveito á túa afiliación

Tíralle proveito á túa afiliación

Non é necesario achegar documentación acreditativa, salvo que Facenda o solicite con posterioridade; de se dar esa circunstancia, o xustificante de pagamento son os mesmos recibos bancarios ou de nómina que xa tes. Para máis información, podes dirixirte ao sindicato.

O certificado do importe das cotas satisfeitas a CCOO en 2020 remitiuse por correo electrónico a toda a afiliación. Se non o recibiches, podes obtelo por estas dúas vías indicando o teu NIF (sen letra):

1. Solicitar que cho envíen por correo electrónico no correo: info@uar.ccoo.es

2. Desde esta mesma web, indo á «Zona afiliación» (*) que atoparás na cabeceira da páxina (ou picando aquí) e descargalo.

(*) Se non lembras ou non tes clave de acceso, na mesma páxina podes solicitala indicando a túa data de nacemento, nif (sen letra) e correo electrónico para que che envíen contrasinal. Este proceso é inmediato.

Para consultar outras vantaxes de estar afiliado/a, visita esta páxina.

CITA PREVIA NA AXENCIA TRIBUTARIA

Pódeste informar sobre o procedemento de cita previa na Axencia Tributaria na seguinte ligazón:

https://www.agenciatributaria.gob.es/AEAT.sede/procedimientoini/GC29.shtml