Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

Os sindicatos convocan folga o 6 de maio en Cándido Hermida

  • Concentración ás 19:00 na praza de Armas de Ferrol

CCOO, UGT e CIG convocan folga o día 6 de maio en Cándido Hermida e unha concentración ese mesmo día, ás 19:00, na praza de Armas de Ferrol. Os sindicatos esixen a readmisión do persoal que foi despedido e que se clarifique a situación económica da empresa, con sede en Narón.

30/04/2021.
Concentración contra os despedimentos en Cándido Hermida | Foto: Arquivo CCOO

Concentración contra os despedimentos en Cándido Hermida | Foto: Arquivo CCOO

Hai poucos días, o grupo empresarial despedía 23 traballadores e traballadoras, algúns con dúas décadas de antigüidade, ao tempo que contrataba novo persoal mediante empresas de traballo temporal.

O pasado día 28 houbo unha reunión coa dirección, onde se solicitou a suspensión dos despedimentos e se pediu abrir unha mesa de diálogo para procurar solucións. A empresa «respóndenos que a medida das extincións dos contratos é firme e que non vai dar marcha atrás», denuncian os sindicatos.