Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

A FSC-CCOO esixe a vacinación do persoal dos centros asistenciais da Rede de Tratamento de Condutas Adictivas

    O sector da Administración local da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO esixe a vacinación do persoal dos centros asistenciais da Rede de Tratamento de Condutas Adictivas. O sindicato explica que ata o agora só o 30 % do colectivo ten completada a pauta de vacinación, mentres que o resto ten unicamente a primeira dose «ou nin sequera se prevé que os comecen a vacinar». O coordinador sectorial, Xan Caneda, denuncia un «agravio comparativo» respecto doutros sectores sanitarios e sociosanitarios, xa «totalmente vacinados».

    03/05/2021.
    Xeringas de uso clínico | Foto: Pixabay

    Xeringas de uso clínico | Foto: Pixabay

    Segundo o sector da Administración local de CCOO, a pesar da pandemia, persoal da rede non deixou de atender as máis de 13 000 persoas con adiccións —maiormente a drogas—, moitas delas con outras patoloxías que as converten en grupos de risco. Por esta razón, o sindicato non entende a exclusión do colectivo da listaxe de vacinación prioritaria, a pesar de que teñen contacto directo coas persoas usuarias dos centros.