Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

O comité de Alu Ibérica aplaude a intervención da fábrica

  • Denuncia a «mala fe» de Alcoa no proceso de venda

O Xulgado Central de Instrución n.º 3 da Audiencia Nacional, con sede en Madrid, decidiu intervir xudicialmente a plantas de Alu Ibérica na Coruña e na localidade asturiana de Avilés (Alu Ibérica LC e Alu Ibérica AVL), así como outras catro sociedades: Iberian Green Aluminium Company (do Grupo Riesgo), PM MR 1986, Alu Holding Spain LC 2019 e Alu Holding Spain AVL 2019.

05/05/2021.
Concentración do persoal de Alu Ibérica (29/4/2021)

O auto xudicial sinala que Iberian Green (antiga System Capital Management) foi a empresa a través da cal o Grupo Riesgo adquiriu as factorías de aluminio da Coruña e de Avilés, e «serviría de canle para detraer capitais das plantas de produción». Unha operación que «neste momento inicial da instrución non pode máis que considerarse como un acto de baleiramento patrimonial».

O comité pide transparencia

Ante esta situación, o comité de empresa da factoría da Coruña valora «positivamente» a decisión e amósase «disposto a axudar» en canto sexa necesario, tamén para «procurar alternativas de futuro para a nosa planta».

O presidente do comité, Juan Carlos López Corbacho, agarda que «canto antes» se bote luz sobre todo o «engano» a que foi sometido o persoal no proceso de ERE que Alcoa levou a cabo en outubro do 2018 e que culminou coa venda das plantas da Coruña e de Avilés.

Para o comité, o acordo do ERE está «incumprido por todas as partes». A venda das fábricas era unha «venda condicionada» na que, durante dous anos, deberían levarse a cabo accións para garantir o futuro das empresas e dos postos de traballo. Este período remata o vindeiro 31 de xullo «e non se fixo nada, só dano», denuncia Corbacho.

Segundo o sindicalista, «cómpre que, ademais da intervención xudicial, se sume a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI)» para poder garantir a actividade e o emprego na Coruña e en Avilés.

A responsabilidade de Alcoa

Por outra parte, «aínda aplaudindo a intervención xudicial», desde o comité coidan que se debería intervir xudicialmente tamén a propia Alcoa —que mantén as plantas de alumina e de aluminio en San Cibrao, no concello de Cervo.

En opinión de Corbacho, a multinacional estadounidense amosou «mala fe» en todo o proceso de venda. En primeiro lugar, porque foi quen escolleu o grupo suízo Parter Capital Group como comprador «serio, solvente e rigoroso», cando non era así. Tamén, porque a revenda das fábricas, que se produciu ás catro semanas, estaba prohibida. «Alcoa detectouno e denunciou a Parter, pero decidiu seguir financiando a quen ocupou as plantas ilegalmente», sinala en referencia ao Grupo Industrial Riesgo. «Debeu devolver o proceso de venda á mesa ministerial que estaba aberta», reprocha o sindicalista.

Novas relacionadas

O grupo Parter terá ata o 31 de xullo para formalizar a compra das factorías de Alcoa

CCOO mobilizarase contra a imputación de varios traballadores que participaron na manifestación de Alcoa diante do Congreso

CCOO arroupa en Ferrol os traballadores denunciados despois da protesta de Alcoa en Madrid

CCOO arroupa o traballador de Alu Ibérica imputado polas protestas do ano pasado en Madrid

CCOO e o comité de empresa cualifican de «gravidade extraordinaria» a situación de Alu Ibérica na Coruña

O comité de Alu Ibérica esíxelle ao Goberno central que nomee un xestor para asegurar a viabilidade

CCOO-Industria rexeita o peche de Alcoa-San Cibrao e advirte o Grupo Riesgo de que non consentirá ameazas ao comité de Alu Ibérica

O comité de Alu Ibérica consegue que o Ministerio convoque reunións para abordar o futuro da factoría coruñesa

Nova protesta do persoal de Alu Ibérica para denunciar os incumprimentos do Grupo Riesgo

CCOO esixe a intervención de Alu Ibérica como mellor xeito de garantir o futuro da factoría coruñesa

O persoal de Alu Ibérica continúa a denunciar os incumprimentos de Riesgo

O comité de Alu Ibérica denunciará na Fiscalía o proceso de venda da factoría

O comité de Alu Ibérica achégalle á Fiscalía unha demanda contra os responsables da empresa

O persoal de Alu Ibérica leva as súas reivindicacións á sede central da Xunta de Galicia

O comité denuncia que Alu Ibérica non lle pagou a nómina a parte do persoal

O persoal de Alu Ibérica non se rende e esixe a intervención

O comité de Alu Ibérica esíxelle a Alcoa a reversión da venda debido aos incumprimentos

Malia estar fixada a data do xuízo, o persoal de Alu Ibérica volve pedir a intervención da fábrica

O persoal de Alu Ibérica pide a intervención pública da empresa ata que haxa sentenza

O persoal de Alu Ibérica pide a intervención pública da empresa ata que haxa sentenza e denuncia os impagamentos

Os traballadores e traballadoras de Alu Ibérica esixen «xustiza»

Alu Ibérica: 32 xornadas de folga

O comité de Alu Ibérica suspenderá a folga mentres duren as restricións sanitarias

CCOO-Industria rexeita un novo adiamento do xuízo contra as empresas culpables da venda de Alcoa-A Coruña

O comité de Alu Ibérica reúnese coa subdelegada do Goberno na Coruña

Ramón Sarmiento, sobre Alu Ibérica: «Pretenden pisarlle a cabeza á mobilización obreira»

A Xustiza condena a Alu Ibérica por vulnerar o dereito de folga e a liberdade sindical

Ramón Sarmiento: «O que temos á fronte de Alu Ibérica é unha compañía que veu desmantelar as fábricas»

A produción en Alu Ibérica está parada de novo por falta de aluminio

Na defensa do emprego, por un futuro industrial e contra a represión sindical en Alu Ibérica

CCOO, UGT e CIG chaman a mobilizarse contra a «violencia empresarial» de Alu Ibérica

O comité de Alu Ibérica denuncia unha nova parada da produción

O comité de Alu Ibérica reunirase cos tres grupos do Parlamento de Galicia

O persoal de Alu Ibérica leva as súas protestas a Madrid

CCOO defende no xuízo que Alcoa, Parter e Riesgo «estafaron» o persoal de Alu Ibérica

A Audiencia Nacional condena a Alcoa a cumprir os acordos asinados no 2019 co persoal das plantas de Alu Ibérica

O cadro de persoal de Alu Ibérica esixe a intervención do Goberno central

Os sindicatos esixen que se cumpra a sentenza da Audiencia Nacional contra Alcoa

O persoal de Alu Ibérica insiste en que a Xunta e o Goberno deben intervir ante a «crítica» situación da fábrica

O administrador xudicial estuda un ERTE para o persoal de Alu Ibérica

Juan Carlos López Corbacho (CCOO), presidente do comité de Alu Ibérica: «Sen a planta activa, morremos»

O administrador xudicial solicitará o preconcurso para Alu Ibérica

Manifestación unitaria na Coruña contra a represión sindical en Alu Ibérica