Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

Comezan as mobilizacións polo convenio das residencias de maiores privadas

    As traballadoras e traballadores das residencias privadas da terceira idade comezaron hoxe en Santiago de Compostela as mobilizacións en defensa do seu convenio, caducado desde o 31 de decembro do 2019. A mesa de negociación constituíuse o 25 de xuño de 2020, adiada pola parte empresarial debido á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a compensación de festivos e pola situación de pandemia.

    19/05/2021.
    Concentración fronte á residencia DomusVi San Lázaro, en Santiago de Compostela (19/5/2021)

    Concentración fronte á residencia DomusVi San Lázaro, en Santiago de Compostela (19/5/2021)

    Após dez meses, CCOO, UGT e CIG constatan «con frustración» que non hai unha negociación real, onde se debateron os vinte primeiros artigos do convenio, pero a patronal négase a «todo o que sexa falar de temas económicos».

    En todo este tempo, o persoal do sector non tivo incremento salarial, malia que continúa a facer un traballo «impecable» e un «esforzo enorme». A «recompensa» por este labor é «seguir atrasando a negociación do convenio», denuncian.