Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Aberto o prazo para solicitar o Bono concilia

    Este venres abre o prazo para solicitar o Bono concilia, unha liña de axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos. As peticións poderanse facer durante un mes a partir da data de publicación no DOG.

    18/06/2021.
    Foto: Pixabay

    Foto: Pixabay

    Como novidade, este ano incrementaranse un 10% todos os seus tramos. Así, para un neno ou nena que vaia á escola a xornada completa con comedor, o Bono oscilará entre os 50 euros e os 275 euros ao mes.

    Para solicitar esta axuda débese ter pedido antes unha praza pública, e que ou ben fose denegada ou ben non se axuste ás necesidades de horario das familias. Esta axuda é compatible con outras destinadas tamén a pagar este servizo, sempre que non se supere o custo da praza.

    Máis información sobre as características ou requisitos do bono no documento anexo a esta nota informativa.