Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Multitudinaria manifestación en Vigo en defensa da sanidade pública

    Milleiros de persoas ateigaron o xoves as rúas de Vigo en defensa da sanidade pública. Convocadas pola xunta de persoal da área sanitaria viguesa, esixiron máis recursos, especialmente no tocante á atención primaria, que é a porta de entrada ao sistema sanitario público.

    01/10/2021.
    A sanidade non se vende, deféndese

    A sanidade non se vende, deféndese

    A secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, participou tras unha gran pancarta co lema «a sanidade non se vende, deféndese», que resumía a principal reivindicación desta mobilización.

    Segundo a xunta de persoal da sanidade de Vigo, a atención primaria está «en perigo extremo» e «á beira do colapso» por mor de anos de recortes e non cobertura de vacantes.

    Por esta razón, a xunta de persoal esixe máis persoal de todas as categorías profesionais, máis investimento, estruturas de xestión de recursos humano e orzamento propio. Tamén, rematar coas trabas para acceder ás probas diagnósticas e máis accesibilidade para as especialidades hospitalarias.