Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Prórroga do Plan MECUIDA

    O BOE do 29 de setembro de 2021 publica o RDL 18/2021, do 28 de setembro, de medidas urxentes para a protección do emprego, a recuperación económica e a mellora do mercado de traballo. Neste documento normativo recóllese a prórroga do Plan MECUIDA, regulado no artigo 6 do RDL 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19.

    01/10/2021. Gabinete de Igualdade de CCOO
    O Goberno prorroga o Plan Mecuida

    O Goberno prorroga o Plan Mecuida

    Lembramos que foi ese RDL 8/2020 o que regulaba o dereito das persoas traballadoras por conta allea a accederen á adaptación da súa xornada e/ou a reducila nos termos previstos nese artigo, cando concorran as circunstancias excepcionais relacionadas coas actuacións necesarias para evitar a transmisión comunitaria da COVID-19.

    Mediante a disposición adicional novena do RDL 18/2021 prorrógase a vixencia dese artigo 6 do RDL 8/2020 ata o día 28 de febreiro do 2022.

    Nesta nota informativa aproveitamos para incluír a ligazón ao resumo que, no seu momento, fixo o Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia das características do Plan MECUIDA inicial.

    Ligazóns relacionadas
    Ligazóns relacionadas