Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

O persoal de Abai ponse en folga en defensa dos seus dereitos

    O comité de empresa de Abai na Coruña, a antiga Extel, está en folga este mércores para defender os seus dereitos laborais fronte á actual propiedade. Desde que tomou o mando, Abai Group pretende recortar as condicións de traballo do centro de chamadas coruñés, que emprega a máis de seiscentas persoas.

    20/10/2021.
    Concentración diante do centro de traballo de Abai, na Coruña, con motivo da folga (20/10/2021)

    Concentración diante do centro de traballo de Abai, na Coruña, con motivo da folga (20/10/2021)

    Desde o comité advirten que «non imos consentir» un retroceso canto ás condicións laborais e afirman que o persoal está «farto» de presións e da elevada carga de traballo.

    Entre outras cuestións, esixen manter o sistema de petición de vacacións anterior ao cambio de propiedade, coñecer con antecedencia que fins de semana terán que traballar e acabar co cambio unilateral do sistema de incentivos. Tamén reivindican formación axeitada para o traballo encomendado e que rematen as presións.