Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

CCOO avanza na preparación dos actos do 10 de Marzo

    O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia avanza na preparación dos actos do 10 de Marzo do 2022. Con este obxectivo, este luns tivo lugar unha reunión na sede nacional do sindicato, en Santiago de Compostela.

    08/11/2021.
    Reunión preparatoria dos actos do 10 de Marzo do 2022

    Reunión preparatoria dos actos do 10 de Marzo do 2022

    Por parte do Sindicato Nacional de CCOO participaron a secretaria xeral, Amelia Pérez e o secretario de Comunicación, Antonio Millares. Pola Unión Comarcal de CCOO de Ferrol, o secretario xeral, José Hurtado, e o de Organización, Santiago Díaz. Por parte da Fundación 10 de Marzo, o presidente, Xan María Castro, e os membros do padroado Ricardo Gurriarán e Emilio Crespo.

    A do 2022 será unha conmemoración diferente á de anos anteriores, pois cúmprense os 50 anos dos acontecementos que deron pé ao establecemento do 10 de Marzo como Día da Clase Obreira Galega.