Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Xornada de sensibilización en igualdade para cadros de CCOO

    Co obxectivo de seguir facendo de CCOO unha organización referente en materia de igualdade, a Secretaría da Muller, Igualdade e Políticas LGTBI organiza unha xornada de formación de cadros para o vindeiro 24 de novembro, co título «A igualdade no mercado laboral: os plans de igualdade».

    10/11/2021.
    CCOO é unha organización comprometida coa igualdade

    CCOO é unha organización comprometida coa igualdade

    A xornada estará estruturada en dous paneis e a presentación correrá a cargo da secretaria da Muller, Igualdade e Políticas LGTBI do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Mamen Sabio.

    O primeiro panel tratará os plans de igualdade desde o punto de vista da Administración. Estará moderado por Mamen Sabio e participarán representantes da Xunta de Galicia, da Inspección de Traballo e da xudicatura.

    O segundo panel abordará o papel do feminismo no ámbito sindical. Intervirán a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Amelia Pérez; a da Unión Intercomarcal de Ourense, Ana Barrios; a da Unión Comarcal da Mariña, M.ª José Novoa; a da Unión Comarcal de Vigo, Montserrat Carrera; a da Federación do Ensino, Luz López; a do Hábitat, Alejandra Gesto, e a de Servizos, Lucía Trenor. Moderará Xesús Castro, secretario de Institucional do Sindicato Nacional.

    Ao remate de cada panel haberá un debate para afondar en cada un dos aspectos tratados, así como outros novos que poidan xurdir e enriquecer a posta en común. Ao remate, a secretaria xeral nacional, Amelia Pérez, dirixirá unhas palabras aos cadros participantes nesta xornada.