Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 12 Agosto 2025.

FOLGA INDEFINIDA EN SOCIEDAD DE SERVICIOS CANTODAREA, Marín-Pontevedra.

    09/12/2021.
    FOLGA INDEFINIDA EN SOCIEDAD DE SERVICIOS CANTODAREA.

    FOLGA INDEFINIDA EN SOCIEDAD DE SERVICIOS CANTODAREA.

    O Comité de Empresa de CC.OO. da empresa do Porto de Marín SOCIEDAD DE SERVICIO CANTODAREA (empresa adicada a servizos portuarios), convoca unha folga indefinida dende o luns 13 de decembro para esixir a negociación dun Convenio xusto.

    Neste mes de decembro cúmplese un ano dende que foi denunciado o Convenio, e a negociación real foi prácticamente inexistente, a pesares da celebración de media ducia de reunions formais.

    O actual Convenio ten unha cláusula de revisión salarial, que o empresario quere suprimir no novo Convenio, ademais de non aceptar reivindicacions tan elementais (debido á actividade da empresa), como un Plus de penosidade, perigosidade e tóxicidade ou que se suplementen ao 100% as baixas por accidente de traballo.