Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 1 Abril 2026.

Éxito na folga de Esteve Teijin

    CCOO Industria considera intolerable que a empresa Esteve Teijin despida cinco traballadores de forma inxustificada. A folga deste luns, 14 de febreiro, foi un grande éxito e CCOO traballará arreo para que o volva ser na vindeira xornada de folga, o día 21.

    15/02/2022.

    URL | C�digo para insertar

    Esteve Teijin, concesionaria do servizo de tratamentos respiratorios a domicilio, está recortando as prestacións para «sacar tallada» económica á custa de milleiros de doentes das áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra-O Salnés e Santiago-Barbanza. O contrato público ascende a 40 millóns. Segundo os sindicatos, a empresa está a recortar as prestacións co obxectivo de «sacar tallada» económica á custa das condicións laborais e tamén de milleiros de doentes.

    Entre os recortes no servizo, está o do número de traballadores e traballadoras, inferior ao que marcan os pregos de contratación. Por contrato, debería haber 136 profesionais, pero a día de hoxe Esteve Teijin só conta con pouco máis da metade, 77. Ao tempo, non se cobren as baixas, vacacións ou permisos, sobrecargando de traballo o resto do persoal. «O número de doentes que nos asignan cada día é inasumible», lamentou Aarón Sestay, delegado de CCOO.

    A empresa, que ten concerto co SERGAS, despide sen causa xustificada cinco traballadores para que as marxes de beneficio saian coa emoticona da cara risoña, importándolle ben pouco a precaridade laboral á que poida condear a esas cinco familias.