Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Agosto 2025.

Nova asemblea en Ribeira para explicar as claves do acordo de reforma laboral

    Ribeira foi a cidade que acolleu unha nova asemblea de CCOO para explicar as principais claves do acordo de reforma laboral, ratificado polo Congreso dos Deputados.

    22/02/2022.
    Reforma Laboral asemblea Ribeira

    Reforma Laboral asemblea Ribeira

    A asemblea contou coa dirección do secretario xeral comarcal, Joaquín García Gutíerrez, e as explicacións correron a cargo da secretaria de Emprego do Sindicato Nacional de CCOO, Maica Bouza.

    Esta reforma, froito dun proceso de concertación social, habilita mecanismos para combater a precariedade, como a eliminación do contrato por obra e servizo, o novo pulo dos contratos fixos-descontinuos —para rematar co abuso na contratación temporal—, os límites ao encadeamento de contratos eventuais ou as maiores restricións para a subcontratación.