Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Maio 2026.

CCOO expón en Viveiro as tarifas eléctricas e o prezo da luz en cada fase horaria.

    No charla organizada por CCOO e a Unión de Consumidores de Galicia deuse a coñecer o prezo da luz en cada fase horaria.

    23/02/2022.
    Ponentes do encontro sobre tarifas eléctricas.

    Ponentes do encontro sobre tarifas eléctricas.

    A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO Galicia organizou unha charla informativa sobre as tarifas eléctricas en Viveiro. Baixo o título 'A enerxía, o teu dereito', foi impartida por Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia. 

    O obxectivo desta acción informativa é ofrecer un mellor coñecemento da cidadanía sobre cales son os dereitos e as obrigas, así como os mecanismos do sistema co fin de combater a pobreza enerxética. A tarifa única de luz divídese en 3 horarios para domicilios e pequenos comercios. Desta maneira atopamos:

    • a hora punta (máis cara),
    • hora chaira (prezo medio) 
    • hora vale (máis barata).

    Isto supón que haberá 3 prezos de enerxía segundo o momento do día no que se utilice, desaparecendo a opción de discriminación horaria ( DHA ou DHS).

    Con estas tarifas, mantéñense os prezos todos os meses neses usos horarios e tanto as fins de semana, como os días festivos o prezo da luz será da hora vale (máis barata).

    CCOO está tamén desenvolvendo unha campaña comunicativa sobre pobreza enerxética esixindo:

    • Revisar os criterios de acceso ao bono social para que cubra a máis colectivos en situación de pobreza enerxética e simplificar a carga burocrática e facilitar as xestións para poder acollerse ao bono social.
    • Crear oficinas municipais de asesoramento enerxético para orientar aos consumidores no acceso ao bono social e a subvencións para rehabilitación enerxética das súas vivendas e sobre medidas de eficiencia enerxética e de cambios na factura eléctrica.
    • Prolongar a prohibición de cortes de subministración por falta de pagamento aos consumidores vulnerables e subvención completa para os consumidores vulnerables de medidas de rehabilitación enerxética das súas vivendas ou de sistemas de autoconsumo fotovoltaico.
    • Reformar o sistema de formación de prezos do mercado da electricidade para eliminar os sobrebeneficios das compañías eléctricas e un maior control público dalgunhas das actividades do sistema eléctrico.