Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

Adianto do programa de actos para conmemorar o Día da Clase Obreira Galega

    25/02/2022.

    URL | Código para insertar

    50 anos na historia

    50 anos na historia

    CCOO conmemora este Día da Clase Obreira Galega cun programa de actividades ao longo de tres semanas e coa vontade de incorporar novas inicitivas pendentes de datar.

    23 DE FEBREIRO

    Mesa redonda «Sindicalismo en transición» (ligazón). En Santiago de Compostela (edificio Cersia), a partir das 10:30.

    5 DE MARZO

    — Entrega dos Premios 10 de Marzo a Josefa Piñón, Jaime Pereira e Almudena Grandes. En Santiago de Compostela, a partir das 11:30. 

    10 DE MARZO, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

    — Manifestación con saída ás 11:30 desde Navantia (localización) ata o monumento ao 10 de Marzo.

    — Ofrenda floral ás 12:15, no monumento. (localización)

    — Proxección audio-visual sobre os feitos de 1972, ás 17:30. No Teatro Jofre de Ferrol (localización)

    — Ao remate ,mesa redonda sobre o movemento obreiro en Ferrol e a creación das CCOO. No Teatro Jofre de Ferrol (localización). Modera a xornalista Marta Corral e participan Ignacio Fernández Toxo, exsecretario xeral da Confederación Sindical de CCOO; Nicolás Sartorius, cofundador das CCOO, avogado e escritor; e Enrique Santiago, secretario xeral do PCE.

    11 DE MARZO

    — Mesa redonda ás 19:00, «Cincuenta anos do 10 de marzo de 1972», na sede de Afundación en Ferrol (localización). Modera Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Comtemporánea da USC, e interveñen Eliseo Fernández, documentalista e historiador; Ana Romero, doutora en Historia; Guillermo Llorca, historiador; Antonio Míguez, doutor en Historia Contemporánea.

    12 DE MARZO

    — Ás 12 horas, entrega dos premios do concurso escolar «Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?» no Auditorio do C. C. Torrente Ballester de Ferrol (localización).

    13 DE MARZO

    — Ás 19 horas, concerto do cantautor Luis Pastor no Teatro Jofre de Ferrol (localización)