Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

Non á guerra en Ucraína

    CCOO condena o ataque militar de Rusia en Ucraína e insta a que se respecte a súa integridade territorial, o dereito e os tratados internacionais. Así, a cidadanía inocente volverá ser vítima dun conflito no que se mesturan intereses económicos, comerciais, oligárquicos, nacionalistas, xeoestratégicos, inxerencias externas e unha política expansiva da OTAN.

    25/02/2022.
    Conflicto Rusia-Ucrania

    Conflicto Rusia-Ucrania

    A guerra terá consecuencias devastadoras para a poboación e nefastos efectos económicos e sociais de alcance global. As sancións que anuncia a Unión Europea contra Rusia tamén repercutirán negativamente sobre a vida da poboación rusa.

    CCOO insta a que se reconduza a situación mediante diplomacia e dereito internacional. Ademais, fai un chamamento a que a Unión Europea cumpra coa súa finalidade, establecida no artigo 3 do Tratado da UE, de «promover a paz, os seus valores e o benestar dos seus pobos», mediante o impulso do diálogo, a paz e o desarmamento nuclear.