Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Presentación do tráiler do documental '10 de Marzo', patrocinado por CCOO

    04/03/2022.

    URL | Código para insertar

    Presentación pública das primeiras imaxes do documental '10 de Marzo'

    Presentación pública das primeiras imaxes do documental '10 de Marzo'

    O Ateneo Ferrolán acolleu este venres a presentación pública das primeiras imaxes do documental ’10 de Marzo’, realizado pola produtora Arthur Gordon e patrocinado por Comisións Obreiras.

    «A raíz da negociación do convenio da Bazán Ferrol», resume o produtor do filme Emilio J. Fernández «miles de traballadores do estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade. A Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey».

    O filme aborda todo o proceso de penetración das Comisións Obreiras e do PC dentro do estaleiro Bazán, a negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo e a repercusión internacional dos mesmos, así como o chamado “Proceso dos 23” no que os principais protagonistas foron xulgados tres anos máis tarde.

    A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, salientou que nesta película hai «dúas vertentes, a humana e a histórica». A humana, «con todos eses protagonistas do momento, como Suso Díaz e Sari Alabau» —presentes neste acto—, e a histórica, «para recuperar memoria e construír futuro», como reza o lema da Fundación do sindicato.