Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

PREMIO 10 DE MARZO 2022, Jaime Pereira Silva

    06/03/2022.

    URL | Código para insertar

    Premio 10 de Marzo, co que as Comisións Obreiras de Galicia recoñecen traxectorias vitais de compromiso coa clase traballadora e coa loita polas liberdades. Este ano, na súa trixésima edición, forón premiados Josefina Piñón, Almudena Grandes e Jaime Pereira:

    Jaime Pereira Silva (Vigo, 1947)

    Comezou a traballar no estaleiro Factorías Vulcano con só 18 anos, en 1965. Ao pouco tempo xa participaba en asembleas para coordinar as diferentes empresas e sectores.

    Na época dos sucesos de 1972 era ‘correo’ do PCG, distribuíndo propaganda clandestina da rúa á empresa. En condicións difíciles, tocoulle decidir o destino das CCOO de Vigo xunto a outros compañeiros e compañeiras, que garantiron unha estrutura estable. Ao tempo, cara a finais dos setenta implicouse no movemento veciñal canda a outros compañeiros de militancia.

    Ademais de delegado sindical durante moitos anos, tivo cargos de relevancia no seo do sindicato, como membro da executiva comarcal de CCOO de Vigo ou membro do Consello Nacional de CCOO de Galicia.