Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

PREMIO 10 DE MARZO 2022, Josefa Piñón Seoane

    06/03/2022.

    URL | Código para insertar

    Premio 10 de Marzo, co que as Comisións Obreiras de Galicia recoñecen traxectorias vitais de compromiso coa clase traballadora e coa loita polas liberdades. Este ano, na súa trixésima edición, forón premiados Jaime Pereira, Almudena Grandes e Josefina Piñón:

    Josefa Piñón Seoane (Ferrol, 1938)

    Cando tiña 7 anos detiveron o seu pai e ten esa época na súa memoria. Incluso garda unha foto dela visitándoo no cárcere da Coruña, onde estivo privado de liberdade dous ou tres anos.

    En 1968, época das revoltas estudantís compostelás, asinou unha carta que condenaba a expulsión de varios estudantes da Universidade de Santiago. Ese acto fixo que o seu nome fora fichado pola policía franquista.

    Foi das primeias ferrolás en formar parte do Movemento Democrático de Mulleres, entre cuxos obxectivos estaba introducirse nas asociacións e promover mobilizacións contra a carestía da vida. En 1970 tivo unha actividade intensa colaborando xunto a outras mulleres na recollida de víveres para a resistencia das folgas de Peninsular Maderera e en Megasa. A súa implicación levouna a ser detida en 1976 por reparto de propaganda ilegal.

    Aos seus 83 anos, segue participando en manifestacións a prol das causas xustas.