Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

PREMIO 10 DE MARZO 2022, Almudena Grandes Hernández

    06/03/2022.

    URL | Código para insertar

    Premio 10 de Marzo, co que as Comisións Obreiras de Galicia recoñecen traxectorias vitais de compromiso coa clase traballadora e coa loita polas liberdades. Este ano, na súa trixésima edición, forón premiados Jaime Pereira, Josefina Piñón e, a título póstumo, Almudena Grandes, 

    Almudena Grandes Hernández (Madrid, 1960-2021) — in memoriam

    Almudena Grandes foi unha das máis brillantes escritoras españolas do século XX e comezos do XXI, o que lle valeu distincións como o Premio Iberoamericano de Novela, o Premio Liber ou o Premio Nacional de Narrativa, entre moitos outros galardóns.

    A súa prolífica obra literaria foi paralela a unha traxectoria vital de profundo compromiso social, un camiño que CCOO se congratula de ter compartido coa escritora, que relatou como ninguén a vivencia histórica dos que perderon a guerra civil, do exilio e da resistencia antifranquista.

    Almudena Grandes sempre mantivo firme o seu compromiso coas causas que considerou xustas, cos dereitos da clase traballadora e co sindicalismo de clase. Estivo a carón das CCOO na campaña a favor do dereito de folga, en congresos, en actos de apoio a folgas xerais ou contra a reforma laboral do PP, a favor do acollemento ás persoas refuxiadas ou mobilizándose connosco contra as guerras.