Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Xuño 2025.

CCOO apoia a folga do persoal de FCC Aqualia Redondela

    Os traballadores e traballadoras de FCC AQUALIA REDONDELA están en folga dende o pasado martes 20 de setembro, a espera de que a empresa desbloque a negociación.

    24/09/2022.
    Persoal de FCC Redondela concentrados as portas AQUALIA

    Persoal de FCC Redondela concentrados as portas AQUALIA

    A empresa leva case tres anos dende que caducou o anterior convenio sen dar solucións as reivindicacións das persoas traballadoras. O bloqueo das negociacións por parte da dirección, tornase especialmente grave coa situación inflaccionista do último ano, que está a repercutir nas condicións de vida das persoas que traballan nesta empresa. 

    O calendarios de paros, folgas e movilizacións continua do seguinte xeito: 

    27 de setembro de 11:00 a 15:00 

    4 de outubro toda a xornada 

    11 de outubro toda a xornada 

    24 de outubro toda a xornada 

    Aqualia é a empresa de xestión da auga participada polo grupo de servizos cidadáns FCC (51%) e polo fondo ético australiano IFM Investors (49%). A compañía é a cuarta empresa de auga de Europa por poboación servida e a novena do Mundo, segundo a última clasificación de Global Water Intelligence (marzo de 2021), polo que e menos entendible que non teña a capacidade mínima de negociación e de acordo. Non pode tratar de aplicar en Redondela condicións laborais non asimilables ao marco Europeo.

    CCOO espera poder chegar a unha solución que desataque o conflito e poder desconvocar as movilizacións