Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

CCOO presenta a súa análise e propostas para o sector de Supermercados

    No peche de 2021, os supermercados representaban o 69 % do negocio total da distribución alimentaria en termos de superficie e o 41 % dos puntos de venda totais nesta actividade económica.

    14/12/2022.
    Sector Supermercados

    Sector Supermercados

    No sector de distribución alimentaria do noso país —de carácter esencial, como quedou ben de manifesto nos últimos tempos—, o formato de supermercado é o maioritario e o que mellor soubo evolucionar en función das demandas das persoas consumidoras. Adaptaron o seu funcionamento aos cambios sociais nos hábitos de consumo e consolídanse como referentes de modernidade, dinamismo e innovación, arredor dunha ampla rede de establecementos, incluíndo importantes operadores rexionais, e un baixo nivel de concentración (os cinco principais operadores agrupan menos do 50 % da cota de mercado).

    Persoal que traballa no sector

    Das 328.224 persoas traballadoras, 214.748 intégranse no ámbito persoal de convenios colectivos de empresas como Lidl, Mercadona, Ahorramas ou Carrefour. Con todo, a estrutura de negociación colectiva nos supermercados é moi heteroxénea pois, doutra banda, 113.476 persoas traballadoras (das 328.224 indicadas) forman parte do ámbito persoal de 41 convenios colectivos territoriais —autonómicos ou provinciais—, dos que 22 están en vigor ou preacordados, 10 en negociación desde primeiros de ano e 9 en negociación desde antes de 2022, bloqueados ou mesmo decaídos.

    Propostas de CCOO

    Desde CCOO lanzamos estas propostas para despregar nos diferentes marcos de negociación colectiva, sen prexuízo de impulsar un acordo marco sectorial de supermercados que aborde obxectivos claves para o sector desde unha perspectiva laboral:

    • Desenvolvemento da estrutura da negociación colectiva a través dun acordo marco estatal e do pulo á unificación de convenios de nivel provincial e/ou autonómico.
    • Cadros de persoal estables e cunhas condicións de traballo acordes coa importancia económica do sector.
    • Definición dun salario mínimo sectorial de referencia de 18.000 euros.
    • Aposta polo emprego estable e de calidade, coa aplicación da reforma laboral en materia de contratación, redución da temporalidade e a parcialidade de forma prioritaria.
    • Racionalización de horarios e aposta pola conciliación, incluíndo a garantía de descansos semanais de, polo menos, dous días
    • Impulso á igualdade real e á equidade retributiva, a saúde e a prevención de riscos.
    • Definición dunhas condicións laborais dignas nos novos modelos de negocio, ante a carencia normativa dentro do comercio electrónico.
    • Articulación de procesos de franquiado para evitar que sexan unha fórmula de precarización das condicións laborais e desregulación de horarios de apertura (locais con superficie maior de 300 m2), garantindo a aplicación do convenio colectivo.
    • Pulo a compromisos para unha transición dixital xusta.

    VER INFORME análise sobre a situación do sector de supermercados