Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

BONO DE ALUGUEIRO 2023

    Ás persoas beneficiarias concederáselles unha axuda do 50 % da renda que deban satisfacer polo alugueiro da súa vivenda habitual e permanente

    02/01/2023.
    BONO ALUGUEIRO - 2023

    BONO ALUGUEIRO - 2023

    Quen pode solicitar a axuda?

    As persoas físicas maiores de idade que reúnan todos os requisitos fixados.

    Requisitos

    a) Posuír a nacionalidade española, dalgún dos Estados membros da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou parentesco pola normativa de aplicación. As persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estancia ou residencia regular en España.

    b) Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia un contrato de alugamento de vivenda formalizado nos termos legalmente establecidos.

    c) Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria, o que se deberá acreditar mediante certificado ou volante de empadroamento, en que consten, na data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda obxecto do contrato de alugamento.

    d) Que a renda mensual da vivenda non supere os importes establecidos no ordinal oitavo destas bases reguladoras.

    e) Que a suma total das rendas anuais das persoas que teñan o seu domicilio habitual ou permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de alugamento, sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM. O límite será de catro veces o IPREM no caso de que a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría xeral ou dentro dela haxa persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo. O límite será de cinco veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,5 veces o IPREM.

    g) As persoas beneficiarias deberán atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma.

    Máis información