Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Maio 2025.

CCOO gaña de novo as eleccións sindicais en Tableros Hispanos (Nadela, Lugo), empresa de referencia no sector da transformación da madeira

    Consegue máis do 91,67% dos votos e faise coa totalidade do Comité de 9 delegados e delegadas.

    18/07/2023.
    EESS empresa: Tableros Hispanos LUGO

    EESS empresa: Tableros Hispanos LUGO

    O anterior comité de empresa formábano catro membros de CCOO, catro de UGT e un da CIG. Agora, CCOO logra nove, a totalidade da representación laboral.

    «O resultado reflicte o bo traballo que fixemos e o que seguiremos facendo, poñendo en primeiro lugar os intereses dos traballadores e das traballadoras», sinala Manuel Quiñoá, secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO de Lugo.

    Resultado das votacións

    — Candidatura de CCOO: 99 votos e 9 en branco.

    Este éxito electoral, reforza as reivindicacións de CCOO HÁBITAT GALICIA que puxotodos os recursos sindicais o servizo dos delegados na empresa, tanto o asesoramento sindical como por parte do Gabinete de Saúde Laboral que tivo unha gran incidencia no traballo sindical.

    Tableros Hispanos (antigúa TABLICIA)

    Tableros Hispanos localizada en Km. 1, 27160 Nadela, Lugo, ocúpase da transformación da madeira. Un recurso natural, versátil e renovable que utilizan para crear taboleiros para as industrias do moble e dos acabados para a construción. Actualmente exportan taboleiros aglomerados e melaminados a máis de 25 países de todo o mundo. A empresa, antigúa TABLICIA, forma parte desde o 2013 do Grupo Martín, unha empresa peruana líder no rubro da comercialización de produtos de calidade para a industria do moble e acabados de construción. 

    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras este «rotundo apoio», que «ratifica» a posición negociadora do sindicato a prol da consecución de acordos positivos para o persoal.