Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

Os bombeiros comarcais de Galicia piden unha nova reunión para desbloquear o conflito

    Os sindicatos CCOO, UGT, CIG, Sigbal, CSIF e USO pediron formalmente unha nova reunión coa Xunta e coas Deputacións provinciais para desbloquear o conflito co que pretenden un convenio único para toda Galicia. A data sería o vindeiro 5 de setembro, no Consello Galego de Relacións Laborais.

    25/08/2023.
    Manifestación en Santiago de Compostela dos bombeiros dos parques comarcais (13/7/2023)

    Manifestación en Santiago de Compostela dos bombeiros dos parques comarcais (13/7/2023)

    As organizacións sindicais lamentan que levan todo o mes de agosto tentando «sen éxito» unha reunión coas Administracións que aínda non se produciu; de feito, a última foi o pasado día 2.

    Os representantes deste colectivo profesional aféanlles aos responsables políticos que foran «de vacacións sen solucionar nada», malia estar convocada unha folga desde o 15 de xuño.

    No entanto, a pesar desta convocatoria, polo momento o persoal non a está a secundar, co obxectivo de facilitar o diálogo, limitándose os traballadores e traballadoras a cumpriren co horario e as quendas fixadas, «que son as máximas establecidas por lei», mais rexeitando facer horas extra voluntarias.