Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Maio 2025.

O comité de Maderas Fiber reúnese con Verónica Martínez

    O comité de Maderas Fiber (antiga Faurecia Interior Systems) reuniuse o luns en Vigo coa deputada de Sumar pola provincia de Pontevedra, Verónica Martínez, para informala da situación en que Faurecia deixou o persoal ao vender a planta do Porriño ao fondo alemán Callista. En menos de ano e medio, a empresa está en concurso de acredores, o persoal atópase cunha licenza retribuída e a fábrica está parada.

    10/10/2023.

    As causas que levaron a Faurecia  a tomar estas decisións son, en opinión do comité, unha «fraude manifesta» para «eludir as súas responsabilidades económicas e sociais» coas traballadoras e traballadores do Porriño.

    Para o persoal é unha «situación moi dura» ver a fábrica parada tras case catro décadas de actividade. A Administración concursal decidiu parar a actividade por mor da situación económica e produtiva, pois «Faurecia e o fondo Callista deixaron a empersa sen diñeiro, sen materias primas e sen clientes —só traballan para Faurecia—».

    Este martes, o persoal está chamado a mobilizarse diante da planta de Faurecia en Valladares (Vigo).