Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO, primeira forza sindical entre o persoal laboral do Concello de Vigo

    Nas eleccións sindicais do Concello de Vigo, CCOO foi primeira opción sindical para o persoal laboral municipal. A candidatura de Comisións Obreiras logrou catro representantes, un máis que hai catro anos, fronte aos tres que alcanzaron cada unha das demais candidaturas (SICO-CSIF, UGT e CIG).

    10/11/2023.
    Reforzar a posición de CCOO nas eleccións sindicais é o máis axeitado para conseguir melloras laborais

    Reforzar a posición de CCOO nas eleccións sindicais é o máis axeitado para conseguir melloras laborais

    A candidatura de CCOO recibiu o apoio de 82 traballadores e traballadoras do persoal laboral, o 45 % do total.

    Pola súa parte, entre o persoal funcionario, CCOO logrou dous representantes, co que suma un total de seis delegados e delegadas no Concello de Vigo. Noutras palabras, case un de cada cinco representantes sindicais é de Comisións Obreiras.

    Estas eleccións producíronse nun contexto en que quedou acreditado o «colaboracionismo sindical» de organizacións como SICO-CSIF, CIG ou UGT, como se comprobou na recente sentenza do TSXG que anula o plan de formación do Concello, aprobado ou consentido por esas organizacións e só denunciado por CCOO.