Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

Prevenciónde riscos laborais: cursos de formación gratuítos subvencionados (2024)

  • Listaxe actualizada o 24 de abril do 2024

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia oferta diversas accións formativas, entre cursos, seminarios e xornadas. Son gratuítas e contan co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

19/03/2024.
Accións formativas gratuítas subvencionadas

Accións formativas gratuítas subvencionadas

Para inscribirse, cómpre cubrir o formulario correspondente a cada acción formativa. Posteriormente, e conforme a orde de inscrición, contactarase coas persoas interesadas para confirmarlles se dispoñen de praza.

Este ano temos tres modalidades:

1. Presencial. Será necesario acudir nos días e horas indicados para superar a formación.

2. Teleformación. Os cursos terán unha data de inicio e de remate. Cada persoa poderase conectar o día e hora que queira á plataforma, sempre ata que remate o curso, para completar os distintos módulos.

3. Aula virtual. Propóñense diferentes datas. O alumnado deberase conectar desde onde queira, pero nas datas e nos horarios propostos, do contrario non se poderá dar por superada a formación.

A formación sindical vinculada á prevención de riscos laborais (PRL) réxese pola Orde 29 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024 (código de procedemento TR852A).


A seguir indícanse os cursos que a día de hoxe aceptan inscricións:

DENOMINACIÓN MODALIDADE HORAS DATAS
Acción protectora ante os danos laborais e a súa relevancia para a PRL Aula virtual 30

Conexión de 9 a 14 horas os seguintes días:

- Maio: 10, 13, 15, 20 e 31

- Xuño: 3

Riscos psicosociais Aula virtual 30

Conexión de 9 a 14 horas os días:

- Setembro: 9, 11 e 16

- Outubro: 7, 14 e 15

Saúde laboral con perspectiva de xénero Aula virtual 30

Conexión de 9 a 14 horas os días:

- Maio: 14, 16, 24 e 27

- Xuño: 7 e 14

Acción protectora ante os danos laborais e a súa relevancia para a PRL Persencial (A Coruña) 30

De 9 a 14 horas os días:

- Maio: 21, 22 323

- Xuño: 4, 5 e 6

Riscos psicosociais Presencial (A Coruña) 30

De 9 a 14 horas os días:

- Setembro: 19, 23 e 25

- Outubro: 1, 3 e 9

Saúde laboral con perspectiva de xénero Presencial (A Coruña) 30

De 9 a 14 horas os días:

- Maio: 28, 29 e 30

- Xuño: 11, 12 e 13

Acción protectora ante os danos laborais e a súa relevancia para a PRL Presencial (Vigo) 30

De 9 a 14 horas os días:

- Setembro: 11, 18 e 25

- Outubro: 9, 16 e 23

Saúde laboral con perspectiva de xénero Presencial (Vigo) 30

De 9 a 14 horas os días:

- Setembro: 12, 19 e 26

- Outubro: 3, 10 e 17


Consulta periodicamente a nosa páxina web (www.ccoo.gal/cursos2024), pois irase renovando a información referente a estas e próximas accións formativas.