Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Concentración contra a destrución de emprego en Teleperformance

    O comité de empresa de Teleperformance na Coruña convocou para este luns unha concentración de delegadas e delegados fronte ás instalacións da compañía. Con esta acción queren denunciar a destrución de emprego na delegación coruñesa.

    11/03/2024.
    Concentración contra a destrución do emprego en Teleperformance na Coruña (11/3/2024)

    Concentración contra a destrución do emprego en Teleperformance na Coruña (11/3/2024)

    «Fomos espectadores da desaparición de servizos históricos nesta delegación», o que motivou que se pasara de case mil persoas traballando a só 515. A iso sumouse a deslocalización a Colombia do servizo de atención ao cliente de Unión Fenosa Distribución e un ERE estatal que se traduciu na saída de 38 persoas —300 en todo o Estado.

    «E agora seguimos vivindo un goteo constante de despedimentos» que a empresa cualifica como disciplinarios, pero todos eles «acabarán sendo declarados improcedentes», vaticina o comité.

    A situación está sumindo o persoal na continua «incerteza» sobre o seu futuro, traballando «baixo ameazas e presións constantes, e co temor de ser ou non o seguinte en saír despedido».