Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO logra toda a representación na empresa MONBUS Urbanos de Lugo

    Comisións Obreiras (CCOO) informa da vitoria do sindicato nas eleccións sindicais da empresa Monbus Urbanos de Lugo, que esta semana elixiu os seus tres representantes. A estas eleccións estaban chamados 49 traballadores e traballadoras.

    07/03/2024.
    Autobús urbano de Lugo | Foto: monbus.es

    Autobús urbano de Lugo | Foto: monbus.es

    Nestas eleccións sindicais, o 60 % das persoas que exerceron o dereito ao voto apostaron polos candidatos e candidatas presentados por Comisións Obreiras, que deste xeito consegue a totalidade dos representantes na empresa.

    Desde CCOO agradécenlle aos traballadores e traballadoras a confianza depositada nas súas siglas e salientan que «unha representación sindical forte, especialmente de Comisións Obreiras, é a garantía para a defensa dos dereitos laborais e a consecución de mellores condicións de traballo».