Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

CCOO organizou unha xornada sobre a enerxía eólica mariña

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia organizou o xoves, en Santiago de Compostela, unha xornada sobre a enerxía eólica mariña. Nesta actividade participou o secretario confederal de Saúde e Sostibilidade Medioambiental, Mariano Sanz Lubeiro.

    22/03/2024.
    De esquerda a dereita, Amelia Pérez Álvarez, Mariano Sanz Lubeiro e Carlos Martínez Camarero

    De esquerda a dereita, Amelia Pérez Álvarez, Mariano Sanz Lubeiro e Carlos Martínez Camarero

    En palabras de Mariano Sanz, no escenario de emerxencia climática e transición enerxética, a enerxía eólica mariña é «unha oportunidade», pois é unha fonte de enerxía renovable que en Galicia conta cunha gran potencialidade.

    Segundo o sindicalista, este sector, ademais de contribuír positivamente á transición enerxética, pode impulsar outros como os estaleiros, a construción naval e a industria metalúrxica. De feito, en Galicia xa se están a construír elementos para parques eólicos mariños (coñecidos como offshore) que se están a instalar noutros países.

    Esta xornada, dirixida ao Comité de Dirección Nacional de CCOO, organízase ao abeiro dos acordos do diálogo social en Galicia.